Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Covid-19 non frena á olaría de Buño

Cartel Mostra Olaría 2020
Cartel da Mostra de Olaría de Buño 2020
A Covid-19 non frena á olaría de Buño

Buño conmemorará a súa olaría un verán máis respectando en todo momento o contexto sanitario provocado pola COVID-19. Baixo o lema "Buño DeMOSTRA", terán lugar demostracións en vivo, exposicións de olaría no Forno do Forte, roteiros e algún concerto.

Así, comezará o 31 de xullo, e durante os días 1, 2, 6, 7, 8, 9 de agosto e estará organizado conxuntamente polo Concello de Malpica e a Asociación Oleira de Buño. A pesar de non ser unha edición baixo a completa normalidade, respectaranse en todo momento as medidas e protocolos de seguridade e hixiene. Será obrigatorio empregar máscara sanitaria e gardar a distancia de seguridade.

Tanto o Concello como a Asociación Oleira farán públicos nos vindeiros días máis detalles do que suporá esta edición da Mostra de Olaría de Buño, e darán a coñecer o programa e o formato para anotarse nas actividades dispoñibles.

Comentarios