Martes. 15.10.2024
El tiempo

COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria

Mapa Concellos COVID 03-11-2020
Mapa de incidencia COVID deste 03-11-2020
COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria

Seguen sendo 13 os Concellos da comarca afectados con algún nivel de alerta sanitaria. Hoxe o protagonista é Malpica, que sube a Nivel 3 de alerta sanitaria, sumándose aos de Carballo e Vimianzo.

Ademais Santa Comba volve a Nivel 2, mentres Muros baixa a Nivel 1.

Mantéñense sen nivel de Alerta os Concellos de Cee, Corcubión, Carnota, Coristanco, Muxía e Dumbría.

  • Nivel de Alerta 3 (máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Malpica, Carballo e Vimianzo.
  • Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Santa Comba.
  • Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Laracha, Ponteceso, Muros, Cabana, Laxe, Zas, Camariñas, Mazaricos e Fisterra.

Hai xa 7 hospitalizados (2 máis que onte) no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Máis novas do COVID

Comentarios