Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga
Si, fíxoo unha vez máis. Daniel Llamas volveu poñer a Costa da Morte no panorama mundial da astrofotografía. Xa o fixo con Faro Vilán e Cristina Fernández, ademais de co Cabo Fisterra. Desta volta, outra foto nocturna botada na nosa bisbarra, obtivo unha mención internacional.
Trátase dunha foto botada en Punta Nariga, que vén de recibir a Mención Honorable do International Photography Awards (IPA) na categoría Nocturna. A foto leva un suxerente título “Tech vs Milky Way” (“tecnoloxía contra vía láctea”), unha “alegoría da triste sociedade na que vivimos, na que só importa o rápido, o inmediato”, explícanos o propio Llamas. “A foto pretende reflexionar sobre como podemos pasar o día pegado ao móbuil cando con simplemente levantando a cabeza teríamos ao noso alcance un espectáculo inolvidable”.
Ademais, recoñece que a súa vinculación coa nosa bisbarra cada. ”Que alegría que a Costa da Morte chegue a estes concursos internacionais e se recoñeza a súa beleza e singularidade”, recoñécenos o propio Llamas.
Curso de fotografía baixo as estrelas
E se queredes saber os seus trucos, o colectivo Enfoque Nocturno, a que pertence Daniel Llamas, impartirá un Taller de Fotografía baixo as estrellas” os vindeiros 21, 22 e 23 de outubro. Desenvolverase no MAC, Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña e xa podedes inscribirvos a través mac.gasnaturalfenosa.com.
Novas relacionadas
- O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).