Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Denuncian un verquido de fecais na praia de Malpica

Denuncian un verquido de fecais na praia de Malpica
Unha veciña de Malpica, Nieves Villar Pose, vén de poñer unha denuncia na Garda Civil por un suposto verquido de augas fecais na praia Area Maior de Malpica. Un verquido que aparecía o martes e que as augas mantéñense con manchas branquecinas, probablemente pertencentes a augas residuais. Uns problemas que se solucionarían coa construción da depuradora, pero desavenencias políticas entre concello e Xunta impídeno por agora. A falta dun acordo para determinar os terreos que acollan a básica infraestrutura retrasan a obra.

O saneamento non importa

A propia veciña denuncia que "hai cartos para outras cousas pero non para o saneamento". Unha realidade que atinxe a moitos concellos da bisbarra, que seguen vertendo a caño libre.

Fonte

Comentarios