Venres. 26.04.2024
El tiempo

Dous novos concelleiros estrearon cadeira en Malpica

Dous novos concelleiros estrearon cadeira en Malpica
A corporación municipal de Malpica volve a estar ao completo tras a toma de posesión dos novos concelleiros do PP e o PSOE no pleno ordinario do xoves 25 de xaneiro. O popular Julio José Vila Díaz substitúe no grupo de goberno a Iago Espasandín Varela, que presentou a súa renuncia por motivos laborais, ao igual que o seguinte na lista, Gabriel Costa García. O novo edil non asume polo momento ningunha área de goberno. Das concellerías de Urbanismo e Deportes, das que se ocupaba Iago Espasandín, encargaranse Álvaro Carril Rodríguez, no primeiro caso, e polo alcalde, Eduardo Parga Veiga, no segundo, tal como informou o propio rexedor no pleno tras a preguntas da oposición. No grupo mixto tamén houbo relevo. O socialista Sergio García Villar incorporouse á corporación en substitución de Isabel Loureiro Varela, que dimitiu o pasado mes de novembro por motivos persoais e profesionais, pero estivo presente no pleno deste xoves, nesta ocasión entre o público.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios