![Paco de Tano e Eduardo Parga co Cartel da Feira do LIbro de Poesia]()
Paco de Tano e Eduardo Parga co Cartel da Feira do LIbro de Poesia
Dúas propostas poéticas as que organiza o Concello de Malpica. O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, único en Galicia, e a I Feira do Libro de Poesía, que se celebra esta fin de semana e que volve colocar a vila como lugar de referencia para a cultura galega::
Feira do Libro de Poesía
![Feira do Libro de Poesia de Malpica]()
A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, xa ten todo listo para a I Feira do Libro de Poesía “Paco Souto”, que se celebrará do 1 de 3 de xuño no Mercado Municipal.
Un xeito de promocionar a poesía en galego, e ademais trata de dinamizar o Mercado Municipal e “darlle un pulo”, ademais de involucrar á hostalaría, porque “se a xente non vai á poesía, a poesía ten que ir á xente”, engadiu Paco de Tano, presidente da Caldeirón. Ademais, é un xeito inmellorable de lembrar a Paco Souto.
Non faltarán xentes como Eduardo Estévez, Marta da Costa, Xurxo Souto, Rosalía Fernández Rial, Carlos Lourenzo ou Ricardo Seixo, e artistas plásticos e a entidades e persoeiros locais coma a Asociación Cultural Malante ou Andrés Mourente.
“En Malpica poderiamos ser todos poetas, porque Malpica é unha poesía en si. Polo tanto, é normal facer unha feira da poesía e seguir facendo marca Malpica”, asegurou Paco de Tano.
13 anos do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas</2>
Máis que consolidado está este certame de poesía erótica malpicán, único en Galicia. O prazo de participación no Certame de Poesía Erótica está aberto ata o 30 de setembro, e hai 1000€ en premio ademais da publicación da obra gañadora. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, en novembro, e na que tamén se fará a presentación pública da obra gañadora na pasada edición.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/
Fonte