Luns. 29.04.2024
El tiempo

Estudan a construción dunha senda entre o Centro de Saúde de Buño e a parroquia de Cambre

Valentin Gonzalez Formoso e Eduardo Parga
Valentín González Formoso e Eduardo Parga
Estudan a construción dunha senda entre o Centro de Saúde de Buño e a parroquia de Cambre

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga, reuníronse hoxe na sede da Deputación da Coruña para abordar diferentes cuestións relativas ao municipio.
Entre outras cuestións, abordaron a necesidade de mellorar a seguridade peonil na DP-4303 que conecta o centro de saúde de Buño coa parroquia de Cambre, pero que actualmente non conta con ningún tipo de beiravía ou senda para garantir a seguridade dos numerosos viandantes que rexistra.

Formoso dixo que os técnicos do servizo de Vías e Obras estudarán a viabilidade técnica e económica da proposta de mellora da seguridade na zona, cunha senda duns 1,75 quilómetros que permitiría o acceso camiñando ao centro de saúde en condicións de seguridade.

Comentarios