Festa oficial para a Peña Deportivista Avante Forza de Malpica

Os Fillos do Mar de Malpixa xa son Peña Oficial do Real Club Deportivo da Coruña. A peña xa leva activa un par de anos, pero os retrasos da Federación de Peñas nas celebracións destas recepcións retrasou a posta de longo.
O Bar Lúa, sito rúa Patria Galega, a sede social da Peña, acollía onte a festa, que tiña como protagonista aos xogadores Barcia e Eric Puerto, emais ás xogadoras Marta Rico e Michi Apóstol. Tamén Ballesta acodíu á cita.

Espeial atención mereceu Barcia, de pai cabanés e aínda moi vinculado á comarca de Bergantiños, que non parou de asinar autógrafos.

Son rapaces e rapazas de Malpica, de varias xeracións dos 90, os que forman o núcleo deste grupo de afeccionados branquiazuis, asiduos tamén a Pedra Queimada para ir ver o SCD Malpica. De feito, a peña é socia do club malpicán.
Defínense como Fillos do Mar pois se ademais son varios os que van ao mar, todos teñen un familiar directo traballando. Son asiduos de Riazor e mesmo de viaxar co equipo.

Gran Cocido
A actividade continúa, e este sábado, gran Cocido en Canta la Rana.