Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Forno do Forte repasa a historia da olería con visitas teatralizadas

Visitas Teatralizadas Ecomuseo Buno Forno do Forte
O Forno do Forte repasa a historia da olería con visitas teatralizadas
O Concello de Malpica en colaboración coa Diputación de A Coruña ofrecerá visitas teatralizadas gratuitas nas instalacións do Ecomuseo Forno do Forte durante os sábados 16 e 23 de xullo e os días 13 e 20 de agosto, en horario de 12.00 a 13.00 horas.

Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, actuarán representando unha obra baseada na vida tradicional oleira. Nárrase a reflexión de dous irmáns oleiros alá polos anos 40 do século pasado. Os irmáns, 5ª xeración de oleiros, o día antes da que creen será a súa última fornada reflexionan sobre o seu oficio como modo de vida.

Onde nace o fume é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.

Comentarios