A Garda Civil volve solicitar colaboración cidadá para identificar unha muller atopada sen vida en Malpica

O seu corpo sen vida foi atopado flotando no mar o 22 de decembro de 2022, a unhas dúas millas náuticas das Illas Sisargas, en fronte de Malpica. Pero dende entón, a Garda Civil non consegue identificala, polo que volve pedir colaboración cidadá.
O corpo pertence a unha muller de entre 30 e 40 anos, de 169 cm de altura, de pel escura e probablemente de orixe suramericana ou centroamericana. A súa constitución física é delgada, cun peso aproximado de 65 kg. Tiña o cabelo groso, de lonxitude media e castaño escuro. No momento do descubrimento, vestía vaqueiros azuis e unha sudadera granate co logotipo da marca Harry Potter.
Os seus trazos distintivos inclúen un piercing no embigo e dúas tatuaxes: unha folla de marihuana no dorso da man esquerda e símbolos tribais na parte frontal do torso e no lado dereito.
A pesar das numerosas investigacións realizadas pola Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Coruña, non foi posible identificala. Por este motivo, solicitouse ao Departamento de Identificación da Área de Antropoloxía Forense do Servizo de Criminalística da Garda Civil a realización dun informe de reconstrución facial, que permitiu obter un retrato da muller.
Quen poida achegar información relevante sobre a identidade do falecido póñase en contacto coa Garda Civil nos seguintes teléfonos: 981 167 824, 981 167 800 ou 062.