Venres. 26.04.2024
El tiempo

O IES Urbano Lugrís de Malpica renova a súa imaxe exterior da man do seu alumnado

UrbanoLugrisMalpica1
O IES Urbano Lugrís de Malpica renova a súa imaxe exterior da man do seu alumnado

Un valado de cores serve para mellorar a imaxe exterior do IES Urbano Lugrís de Malpica. E cando o proxecto foi feito polo alumnado, pois é aínda máis fermosa a idea. O Concello botou unha man na limpeza con auga a presión do pavimento e da estrutura do cerrado das instalacións, e ca poda dass árbores, e uns traballos nas zonas verdes. A partir de aí foi o alumnado os que procederon ó pintado da separación entre o exterior e o interior do recinto escolar. Así, o instituto encara as últimas semanas de curso escolar cunha limpeza integral e un aspecto máis colorido.

O goberno local agradeceulle á rapazada “o esforzo por darlle unha nova imaxe ás instalacións, que agardamos que se manteñan en boas condicións durante moito tempo”.

Melloras nos parques de Barizo e de Buño

Do mesmo xeito, o Concello continúa o plan de arranxo de espazos públicos e áreas recreativas do municipio que se iniciou nas últimas semanas. Desta volta completou o acondicionamento do parque de Barizo e do Luciano García Alén de Buño.

ParqueBarizo

Comentarios