Institutos da comarca poderán vivir as visitas teatralizadas do Ecomuseo Forno do Forte
O Ecomuseo Forno do Forte vai realizar este ano 2024 varias visitas teatralizadas pensadas para os institutos, co fin de dar a coñecer a Olería Tradicional de Buño dun xeito ameno e atractivo. En lugar da habitual visita guiada, os actores Raquel Crespo e Yago Espasandín representarán a obra Onde nace o fume que, tras un proceso meticuloso de documentación, aproxímanos á labor diaria dun oleiro e a súa familia.
Os pases, gratuítos, realizaranse os seguintes días:
- xoves 11 de abril - 11:30 h
- xoves 25 de abril - 11: 30 h
- xoves 16 de maio - 11:30 h
- xoves 30 de maio - 11: 30 h
Necesita Inscrición previa chamando ao tfno: 981 711520 de luns a venres de 9:00h a 14:00h ou ao correo
[email protected]
Unha vez rematada a actuación haberá un Coloquio final entre os actores e o equipo técnico do museo cos asistentes, co fin de comentar a historia que se narra, o contexto social e histórico e aclarar posibles dúbidas sobre o tema tratado na representación.