Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Jesús Cintora anima en Malpica a ter unha posición política crítica

Pedro Mato con Jesus Cintora
Pedro Mato con Jesus Cintora
Jesús Cintora anima en Malpica a ter unha posición política crítica

”Necesítanse máis charlas coma esta, que abren a mente”, recoñecían algúns dos presentes na charla que o xornalista Jesús Cintora ofreceu o pasado sábado no Centro Cívico de Malpica (o venres estivo falando de redes sociais e cominicación no IES de Ponteceso). Ateigado quedou o auditorio para ver unha das caras máis famosas da televisión informativa a nivel estatal, demostrando as gañas da veciñanza bergantiñá de participar noutro tipo de oferta cultural.

Auditorio de Malpica para Jesus Cintora
Foto do propio Cintora do auditorio cheo

Así o valora Pedro Mato, membro da organizadora do evento, a Comisión de Festas- Asociación Mallas da Area, que entende que esta resposta refrenda que “a liña é seguir facendo actos culturais de interese xeral”. “Non esperábamos tanta xente e non esperábamos a promocion que está facendo para Malpica”, apunta orgulloso Mato. “Hai xente que se autocensura para acodir a esta clase de actos dun perfil máis político, pero creo que precisamente por iso son necesarios estes eventos”, sinalou.

Jesus Cintora coa plana maior de Malpicas
Jesus Cintora cos organizadores e os membros do Concello malpicán. Á esquerda, o tamén xornalista Anxo Pérez, que presentou o acto

E iso que Cintora, como falabamos con el a semana pasada, quixo deixar claro, con fachenda, que é “un chico de pueblo”, que se gañou todo que acadou e que nunca lle regalaron nada, e que non é “de esquerdas nin de dereitas”, querendo dicir que non é do PP nin do PSOE, e lembrando de paso que foi expulsado tanto polo goberno de Rajoy como de Sánchez cando copaba os shares da televisión informativa.

Definiuse como “progresista”, e “buscador da verdade”, e contou unha marea de anécdotas con personalidades, ademais de meter moita caña á figura do Rei emérito e aos Borbóns.

Seguramente, a idea máis importante que trascendeu é a da “necesidade de ser críticos politicamente”, deixando claro que podemos e debemos criticar mesmo aos que vaiamos votar dentro de 4 anos, porque non podemos deixarnos facer “borregos”.

Cintora fixo tamén un repaso dos sus últimos libros, “La Conjura” e “No quieren que lo sepas”, que nos sevenre para coñecer os “sumidoiros” dos últimos gobernos do estado, vendendo e asinando unh marea de exemplares.

Comentarios