Luns. 29.04.2024
El tiempo

Jesús Cintora vén a Bergantiños: “Os medios son moi importantes polo que nos contan e polo que nos ocultan”

Jesus Cintora en Malpica
Jesús Cintora vén a Bergantiños: “Os medios son moi importantes polo que nos contan e polo que nos ocultan”

Falar de comuncación sempre é saudable. E para iso chega esta semana o coñecido presentador Jesús Cintora á Costa da Morte. O xornalista soriano ten doble cita na comarca de Bergantiños. O venres ofrecerá unha charla sobre as redes sociais ao alumnado do IES de Ponteceso, e o venres, invitado pola Asociación Mallas da Area (a Comisión de Festas) en Malpica centrando máis o discurso sobre os medios, as novas falsas e o mundo da política.

Porque Cintora está en plena xira de presentacións dos seus libros “La Conjura” e “No quieren que lo sepas”, que nos servirá para coñecer os sumidoiros” dos últimos gobernos do estado.

Jesus Cintora libros Malpica

 
  • QPC: En primeiro lugar. Como chega un famoso Soriano a estas latitudes? Que vínculos tes coa Costa da Morte?

Estou de xira por toda España, falando sobre o xornalismo en España, e onde me chaman vou. Están sendo coloquios moi interesantes, porque é do se trata, falar e escoitar. Os medios son moi importantes polo que nos contan e nos ocultan. E é bo que a xente poida falar.

E ao final son un neno de “pueblo”, a miña parella é galega de Vigo, e estiven por moitas zonas e botaba de menos a Costa da Morte. E os organizadores, a Comisión de Festas, propuxéronme que eu estivese alí, e vou encantado e claro que aproveitarei para coñecer a zona, porque sei que é unha zona marabillosa.

 
  • QPC: Entón para comezar. Como valorarías o estado de saúde da prensa informativa no noso país?

Non me gusta poñer notas. O Xornalismo está nunha transformación permanente pero o certo é que hai inxerencias políticas e económicas para que non sempre se conte a realidade. Quen paga a tinta está a dominar moitos dos feitos que non se contan. Son moitos os medios que dependen de cartos públicos, e non sempre se dan de forma equitativa ou transparente.
A isto hai que sumarlle que o sector está afectado pola precariedade, pero tamén hai aspectos como a tecnoloxía que ofrecen vías para facer unha transformación.

 
  • QPC: Que parte da responsabilidade lle encargas ao oínte? Parece que hai dous bandos, e cada un de nós está na nosa trincheira informativa, informámonos co que queremos escoitar e non queremos saber nada do lado oposto...

Hai lectores/persoas que ás veces non queren saber o que pasa senón o que queren que pase.

 
  • QPC: Repasemos a túa traxectoria, xa que con 25 anos xa estabas coordinando o informativo Hoy por Hoy... Pasaches pola Ser, TVE, o grupo A3, Mediaset... É posible facer información libre nos medios de comunicación?

Sempre hai factores de liberdade, de censura e de autocensura. Eu sufrín unha anomalía, que fun separado dun programa con moi boa audiencia como eran Las Mañanas de Cuatro por dous gobernos diferentes, por Rajoy primeiro e despois por Sánchez.

Creo que hai que ser reformista. É certo que no que se refire á información houbo un revés na tele. Eu medrei con Jesús Quintero, Balbí, Gabilondo, Jesús Hermida, Milá... Programas informativos, actualidade... hoxe non hai espazo para a repetición, e si para o entretemento. As críticas foron denigradas, inténtase criminalizalasE diche que es moi pesimista porque es moi crítico, cando a crítica é un exercicio de positivismo, porque leva implícito unha necesidade de mellorar, se se fai dende un punto construtivo.

 
  • QPC: Onde te sentiches máis cómodo e libre? Mediaset chegou a recoñecer o teu despedimento sinalando que “os presentadores están para informar, non para formar…” tremendo, non?

Iso foi unha declaración, sen máis, quitáronme das Mañás pero seguiron dándome traballo. Onde me botaron á rúa, con todas as letras, foi en TVE. Pero en todas partes hai de todo. En 13Tv atopei xente boa, mala e media, como no resto en todas elas.
Pero eu seguirei con iso, porque así é a vida. Non todos os profesionais teñen a culpa das decisións políticas, senón os que participan nos “conchaveos”.

 
  • QPC: Agora estás centrado nos libros, entón?

Eu defínome que como un traballador. Agora estou en Mediaset, na tele, pero tamén en medios dixitais, estreando a miña canle de YouTube, moi activo nas redes...

E estou escribindo o 5º libro, e de xira cos libros, falando case unha vez á semana en toda España. A semana pasada estiven en Aragón, Castela e León e Andalucía.

 
  • QPC: Xa levar 4 libros, si.

Si, dende 2015. Son variados, sobre política y sobre comunicación. “As conspiracións” son todo o que pasou na caída de Sánchez no PSOE, cando xurde Podemos, Ciudadanos aumenta a presión en Cataluña, un Rei abdica... un tempo moi convulso no noso país. Un libro que nace das Mañas de T4, unha reflexión sobre o que o país non avanza, sobre como se estanca sistema de partidos, os medios, os clientelismo social, estatuto xurídico… Un libro que crítica os alicerces troncais do estado.

 
  • QPC: Que dis entón en "Non queren que o saibas". Está sendo positiva a xira?

Está sendo moi positivo para poder falar coa xente de como están os medios. Hai un interese enorme, e ai xente moi crítica. Son unha persoa libre que di o que penso de cada caso de corrupción, porque non me caso con ninguén. Son fillo dunha ama de casa e dun labrego, que estudou xornalismo e quen pode dicir que o que conseguiu foi co traballo. Non me deron nada, como moito, quitáronme. E entón teño unha enorme liberdade para falar. É o modo de vida.

 
  • QPC: E estas charlas que vas dar no IES de Ponteceso e que vas dar despois en Malpica, a que te dirixes?

É moi positivo que os nenos falen do que pasa nas redes e nos medios. As redes son imprescindibles, porque a rapazada está en continuo contacto co tiktok... con este tipo de canles. Pero deben saber que non todo o que reluce é ouro. Teñen que saber o que hai detrás.
Eu son dos que cren que ten que haber canles e redes, pero sabendo a que te expóns, igual que cando vas á farmacia che explican o que vas tomar. Hai aspectos que están aí, do culto ao corpo, do culto á imaxe... e hai que facer unha reflexión que, por agora, se queda curta. Quero falar cos nenos de comunicación, non de política.

 
  • QPC: Que recomendas a estudantes e adultos sobre como informarse? Algún medio específico?

Nunca fun un partido para dicir a ninguén como ten que informarse. Son un defensor da veracidade. Hai un mar de enganos, pero dentro diso sabendo a que te expós, teste que informar. A educación e a cultura dannos ferramentas para distinguir mentiras.

Máis novas

 

Comentarios