Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Lembran as necesarias melloras dos portos de Malpica e Barizo

No porto de Malpica
Unha visita institucional ao porto de Malpica
Lembran as necesarias melloras dos portos de Malpica e Barizo

Segue esperando a confraria de Malpica polas melloras necesarias nos portos de Malpica e de Barizo. Despois de si ter acometido as obras que permitiron abrir ao tráfico pesado a dársena norte do peirao malpicán, quedan pendentes moitas promesas. Así o denunciaba no Parlamento Galego onte o deputado socialista Martín Seco, lametando o “absoluto abandono” da Xunta á zona.

Lembran a necesidade dunha grúa nova en Barizo, a rampa de acceso ou do mecanismo para garantir a trazabilidade dos produtos. Lembrou que das 52 casetas que existen na zona só hai 8 alugadas, porque “se os profesionais non poden descargar en Barizo non as queren” e, ao final, “o porto queda só como unha visita para os turistas no verán”.

Seco denunciou que “levamos catro anos agardando por esas solucións” e de paso pediu que a homologación do exitoso Camiño dos Faros, “saia do caixón”, así como as obras de acondicionamento na AC-418 e AC-422, a axuda para a separación das augas fluviais e fecais ou o mantemento da EDAR.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios