Domingo. 13.10.2024
El tiempo

”Levamos 40 anos de democracia. Xa era hora de falarmos de Mauthausen"

Hctor Pose durante a presentacion do libro de Mautausen
Hctor Pose durante a presentación do libro sobre os malpicáns deportados en Mauthausen
”Levamos 40 anos de democracia. Xa era hora de falarmos de Mauthausen"

O pasado venres tivo lugar en Malpica unha emotiva homenaxe. O Concello inauguraba unha placa, na fachada lateral da Casa do Pescador, na honra dos tres malpicáns deportados ao campo de concentración nazi de Mauthausen. Un acto completado coa presentación do libro “Aquela xente digna”, obra está escrita por Héctor Pose e financiada pola Deputación Provincial da Coruña, que recolle o periplo vital dos Antonio Suárez Blanco, "Coruña, Luís Rodríguez Villa, "Luís de Rogita", e Antonio Fariña Chouciño, "Antonio da Rosa”.

A acollida foi fantástica, co novo aforo ao completo, e xentes chegadas da Coruña, Bergantiños… e xentes como o propio Manolo Rivas que esgotaron os 200 libriños (unha edición de 40 páxinas) que se levaron. Un acto con moitísima emoción, con intervencións das familias e outras espontáneas marabillosas. Falou ou autor da obra, Héctor Pose, a representante da Asociación para a Recuperación Memoria Histórica (ARMH), Carmen García Rodeja, unha desas muller-coraxe; o presidente da Confraría, Pedro Pérez, o rexedor, Walter Pardo e os concelleiros Alfredo Cañizo e Leticia Varela.

Presentacion libro Mauhausen
Imaxe da presentación do libro de Héctor Pose

”Levamos 40 anos de democracia: Xa tocaba que saíse esto”, explica Pose sobre este libro nace “para que isto non se esqueza, para que non volva pasar, non para discutir de ideoloxías”. En todo caso, recoñece que “este texto resultou moi doloroso escribilo. O escritor é o seu pasado e a súa mirada. E se tes a mirada social, se tes empatía social, hai textos que che custa moito máis escribir”, explica.

Un libro que pretende sumerxirnos nos “espazos da memoria”. “Hai lugares en Malpica que fai décadas que desapareceron, pero se ti lle preguntas a calquera malpicán, Onde é o Tallo? Onde é a Ribeira? Onde é a furna de Canido? todo o mundo saben onde están”.

Se ben a historia ben dá para unha novela (veremos se cae nun futuro malia que “publicar é complicado en Galicia a día de hoxe”), falamos dun libriño dunhas 40 páxinas. Se ben debería ter sido Xelucho Abella, que xa ten escrito cousas sobre o tema, pero declinou a invitación da ARMH, despois contactaron comigo e é un compromiso ético e cívico”. “Eu fun técnico de cultura 10 anos nos 90, e xa intentei sacar á luz o que pasara, pero gobernando Fraga era complicado. Mesmo intentei crear un irmandamento coa vila da Bretaña Francesa que acolliu a estes tres homes, pero daquela era complicado".

Mostralo xa é pedagóxico. Un libriño e unha placa, se ben non restitúe totalmente o que padeceron aquelas familias, polo menos verbalizase e faise presencia no pueblo, pois non había nada que facía referencia a aquela traxedia. Hai persoas que por moitísimo menos teñen estatuas…”, sinala Pose.

Homenaxe aos malpicans de Mauthausen
Descubirmento da placa homenaxe aos malpicáns deportados en Mauthausen

3 historias

Deportados malpicans a Mauthausen

A súa é a historia de tres mariñeiros que, como outros moiros sufriron as penalidades do exilio nos campos de Francia. Alí, loitaron xunto aos aliados na Segunda Guerra Mundial, pero foron detidos e levados a Mauthausen, onde sufriron os horrores do campo de exterminio.

Antonio Suárez Blanco, "Coruña”: naceu en Malpica de Bergantiños o día 6 de maio do 1907. Era mariñeiro e pertencía á CNT. Despois do golpe de estado de 1936, el e outros veciños tiveron que fuxir para evitar a represión. Marcharon a Francia, onde foron recluídos nun campo de refuxiados. Posteriormente, coa ocupación nazi de Francia, Antonio Suárez Blanco foi capturado e enviado ao campo de exterminio de Mathausen e trasladado ao campo de Gusen. Conseguiu sobrevivir e foi liberado o 5 de maio do 1945.

Luís Rodríguez Villar, "Luís de Rogita": era membro do sindicato de obreiros de Malpica da CNT. Tivo que fuxir e conseguiu cruzar a fronteira francesa na procura de asilo o 7 de febreiro do 1939 xunto con miles de refuxiados. Luís Rodríguez Villar estivo nos campos de Argelès, San Ciprián e Barcarés. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial e, despois de pasar por un stalag en Silesia, foi deportado a Mathausen o 24 de xaneiro de 1941. Foi liberado o 5 de maio do 1945 e permaneceu en Francia. Regresou a Malpica en agosto de 1978.

Antonio Fariña Chouciño, "Antonio da Rosa": irmán de Francisco da Rosa, co que fuxe na embarcación “San Adrián”. En agosto do 1939 está no campo de Argelès en Francia. Máis tarde, en Angouleme. Foi deportado a Mauthausen en agosto do 1940, e morreu en Gusen o 6 de maio do 1941. El foi un dos 10 finados nos campos de Mauthausen e Gusen da Costa da Morte.

 

Novas relacionadas

Comentarios