xoves. 11.09.2025
El tiempo

Malpica abre a inscrición na programación cultural e deportiva 2025-2026

Actividades Adultos Malpica
Malpica abre a inscrición na programación cultural e deportiva 2025-2026

O Concello de Malpica de Bergantiños mantén aberto o prazo de inscrición na programación de actividades culturais e deportivas do curso 2025-2026. A oferta, xa presentada a semana pasada, abrangue propostas dirixidas a todas as idades e ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva, estimular a creatividade e favorecer a formación continua durante todo o ano. 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS ADULTOS/AS

  • Ximnasia terapéutica (+50 anos)
    Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 10.30 a 11.15
    Malpica (Pavillón): martes e xoves de 11.30 a 12.15
Inicio: 2 de outubro

 

  • Ioga (+18 anos)
    Buño (Casa do Oleiro): mércores de 10.30 a 11.30
    Malpica (Centro Cívico): mércores de 11.45 a 12.45
Inicio: 1 de outubro

 

  • Pilates (+18 anos)
    Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 18.10 a 19.05
    Malpica (Centro Cívico):
Grupo I: 19.20 a 20.15
Grupo II: 20.20 a 21.15
Inicio: 2 de outubro

 

  • Zumba (+16 anos)
    Buño (Casa do Oleiro): luns e mércores de 18.15 a 19.10
    Malpica (Centro Cívico): luns e mércores de 19.30 a 20.25
Inicio: 1 de outubro

Cota: 10,85 €/mes por actividade
Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 

ESCOLAS CULTURAIS

  • Obradoiro de Arte – 12 €/mes
    Malpica (Centro Cívico) – Inicio 7 de outubro
Grupo I (3-6 anos): martes de 16.00 a 17.00
Grupo II (7-12 anos): martes de 17.00 a 18.00
Grupo III (+13 anos): martes de 18.00 a 19.00
    Buño (CEIP JRO) – Inicio 6 de outubro
Grupo IV (3-6 anos): luns de 16.00 a 17.00
Grupo V (7-12 anos): luns de 17.00 a 18.00

 

  • Animación teatral – 15 €/mes
    Malpica (Centro Cívico) – Inicio 2 de outubro
Grupo I (6-8 anos): xoves de 17.30 a 18.30
Grupo II (9-11 anos): xoves de 18.30 a 19.30
Grupo III (+12 anos): xoves de 19.30 a 20.30
    Buño (CEIP JRO) – Inicio 2 de outubro
Grupo IV (6-11 anos): xoves de 16.00 a 17.00

 

  • Robótica – 15 €/mes
    Malpica (Centro Cívico) – Inicio 1 de outubro
Grupo I (4-8 anos): mércores de 18.00 a 19.00
Grupo II (9-14 anos): mércores de 19.00 a 20.00
    Buño (CEIP JRO) – Inicio 1 de outubro
Grupo III (4-8 anos): mércores de 15.30 a 16.30
Grupo IV (9-14 anos): mércores de 16.30 a 17.30

 

  • Obradoiro de Coiro (+18 anos) – 18 €/mes
    Casa da Cultura de Seaia
Inicio: 2 de outubro
Xoves de 18.00 a 20.00

 

  • Obradoiro de Barro
    Taller de olería da Casa do Oleiro, Buño
Grupo I (Modelado 6-12 anos): 12 €/mes – venres de 19.30 a 20.30 – inicio 3 de outubro
Grupo II (Torno e modelado +13 anos): 15 €/mes – sábados de 10.00 a 11.30 – inicio 4 de outubro

Información e inscricións: Oficinas xerais – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 Máx. 15 prazas e mín. 10 por grupo (excepto Obradoiro de Coiro: máx. 10, mín. 8)

EMEF (Escola Municipal de Educación Física)

  • Patinaxe – Inicio 2 de outubro
    Grupo I (nados 2017-2020): xoves de 17.15 a 18.10
    Grupo II (nados 2011-2016): xoves de 18.15 a 19.10

 

  • Atletismo – Inicio 3 de outubro
    Nados entre 2012 e 2017: martes e venres de 16.00 a 16.55
     
  • Ximnasia rítmica – Inicio 1 de outubro
    Nados entre 2014 e 2020: mércores de 16.00 a 16.55

 

  • Volei – Inicio 3 de outubro
    Nados entre 2009 e 2013: martes e venres de 17.00 a 17.55

 

  • Multideporte (nados 2014-2020)
    Buño: xoves de 16.00 a 16.55 – inicio 2 de outubro
    Malpica: venres de 18.00 a 18.55 – inicio 3 de outubro

 

  • Judo – Inicio 6 de outubro
    Grupo I (nados 2019-2022): luns de 16.30 a 17.25
    Grupo II (nados 2014-2018): luns de 17.30 a 18.25
    Grupo III (nados 2009-2013): luns de 18.30 a 20.25

Cota: 17,36 €/actividade
Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 Todas as actividades serán no Pavillón Municipal de Malpica, agás Multideporte dos xoves (CEIP Joaquín Rodríguez Otero).

Nota importante: Os horarios poderán ser modificados en función das persoas inscritas.
 

Comentarios