Martes. 30.04.2024
El tiempo

Malpica abre o prazo para as actividades deportivas e culturais do curso

Escolas Culturais Malpica Curso 20232024 copia
Malpica abre o prazo para as actividades deportivas e culturais do curso

O Concello de Malpica vén de anunciar a programación das actividades deportivas e culturais para este curso.

Actividades Culturais

A Concellería de Cultura a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, lanza unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2023/2024 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, robótica e obradoiro de coiro.

A animación teatral e arte levarase a cabo dende outubro a maio. por outra parte, robótica e obradoiro de coiro desenrolaranse de xaneiro a maio.
As actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de coiro que só terá lugar en Malpica).

As prazas deben solicitarse nas oficinas xerais do concello ou a través da sede electrónica e para máis información, as persoas poden chamar o ao 676204681, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O máximo de prazas ofertadas por grupo é de 15 agás robótica que só dispón de 12 prazas.

Actividades Deportivas

ESCOLAS DEPORTIVAS ADULTOS Malpica 2023-2024

Paralelamente o Concello ofrece unha marea de actividades deportivas para adultos. As clases dee Zumba, ioga, pilates, ximnasia terapéutica e adestramento funcional terán un custe de 10.85€ por persoa e en distintas quendas e diferentes ubicacións.

As clases de zumba están enfocadas a persoas maiores de 16 anos e serán en horario de tarde. Haberá dous grupos en Malpica, no Centro Cívico: os martes de 20.00h a 20.55h e os xoves no mesmo horario. En Buño serán os luns e mércores de 19.00 a 19.55.
As clases de ximnasia terapéutica están pensadas para maiores de 50 anos e impartiranse os martes e xoves: de 10.30h a 11.15h na casa do Oleiro de Buño e de 11.30h a 12.15h no Pavillón Polideportivo de Malpica.

Pilates impartirase os luns e mércores de 18.00 h a 18.55h na Casa do Oleiro de Buño e, no Centro Cívico de Malpica hai diferentes quendas: os martes e os xoves de 18.00h a 18.55h ou de 19.00h a 19.55 As clases de ioga serán os luns no Centro Cívico de Malpica de 11.30h a 12.25h e os mércores na Casa do Oleiro de Buño de 11.30h a 12.25h.

E por último, o adestramento funcional levarese a cabo no pavillón de Malpica de marts de 21.05 a 21.55 horas e os xoves de 21.05 a 21.55 horas

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza no Departamento de Deportes de Malpica ou chamando ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h a partir do 18 de setembro.

Comentarios