Malpica acolle o Campionato Interescolas de Surf 2024

A Federación Galega de Surf, en colaboración con One Surf Academy realizarán o próximo Campionato Interescolas de Surf 2024. Este evento deportivo cos mallores tantos emerxentes do surf galego celebrarase o sábado 13 de xullo na Praia de Area Maior de Malpica de Bergantiños, tras ser aprazado debido ao mal tempo.
O campionato contará coa participación de entre 20 e 130 mozos surfistas, con idades comprendidas entre os 9 e 16 anos. Os participantes competirán en diferentes categorías, mostrando as súas habilidades e destrezas no surf baixo a atenta mirada dun panel de xuíces expertos. O equipo técnico estará composto por 7 persoas, asegurando o correcto desenvolvemento do evento.
Horario do Evento
- 08:30 – Check-in de participantes
- 09:00 – Inicio da competición
- 15:00 – Finais
- 16:00 – Entrega de trofeos
Categorías:
- Sub 12 Feminino e Masculino
- Sub 16 Femininio e Masculino
O Campionato Interescolas de Surf 2024 é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, o Concello de Malpica de Bergantiños e patrocinadores.