Malpica de Bergantiños estreita lazos no seu irmandamento con Malpica de Tajo

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo avanzan no seu futuro irmandamento, que cada vez está máis próximo. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, desprazouse ata o municipio homónimo, sito en Toledo, a pasada semana, onde estivo varios días coñecendo o Concello manchego para concretar os detalles dun acordo no que se traballa xa dende hai uns anos.
Cañizo relacionouse con distintas personalidades. Entre elas, o párroco da igrexa, ó que lle entregou un cáliz da olaría de Buño que foi bendito polo papa Benedicto XVI na súa visita a Santiago de Compostela no Ano Santo 2010. Alfredo repartiu máis pezas feitas polo oleiros malpicáns para que coñezan a artesanía da vila bergantiñá.
Presente en Fitur
Xa fixemos un completo repaso á presencia na Fitur. E tamén vimos que estiveron os concelleiros Miguel Fernández e Alfredo Cañizo, para coñecer as tendencias do sector e promocionar a vila.
No caso de Miguel, saudou á conselleira de Pesca, Rosa Quintana; ó vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e ó presidente do Partido Popular, Pablo Casado Blanco. E como non podía ser de outro xeito, convidounos a visitar Malpica.