Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica celebra mañá o día do Ritmo

Malpica celebra mañá o día do Ritmo
Mañá, día 29, Malpica acolle a 13ª edición do día do Ritmo; unha proposta deportiva e lúdica qe que cada ano medra en participación e espectáculo. O obxectivo do día do Ritmo é difundir deportes como o aerobic, o baile moderno, a ximnasia rítmica e a zumba, e ao mesmo tempo seguir involucrando á poboación na súa práctica, ademais de ofrecer ás persoas participantes un espazo específico que lles permita demostrar o aprendido durante o curso. O día do Ritmo arranca ás 11:30 horas cunha exhibición de ximnasia rítmica a cargo das escolas municipais de Cabana e Malpica. A continuación sairán a escena os alumnos e alumnas da escola municipal de aerobic e baile moderno do concello de Malpica e para rematar haberá unha masterclass de zumba para tódalas idades e para todo o público. Entre as persoas que se animen a participar realizarase un sorteo de agasallos. Fonte  

Comentarios