Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina

Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina
Mapa de incidencia da Avespa Velutina en Galicia-Fonte-Puerta Villegas Mapa de incidencia da Avespa Velutina en Galicia-Fonte-Puerta Villegas

Continúan en marcha as citas informativas arredor da avespa velutina na comarca. Así o refrendan os datos, que sitúan á nosa comarca entre as máis afectadas de Galicia, con moitos concellos rondando o cento de niños eliminados neste 2017.

Así o contaba o pasado martes 10 de outubro José Luís Puerta Villegas, Xefe de Área de Inspección Veterinaria da Coruña, en Santa Comba, ante un centenar de veciños que aprenderon distintos métodos para poder loitar contra esta praga.

Toma o relevo agora o Concello de Malpica, que xa prepara unha xornada informativa cun dos principais expertos na vespa asiática, Lolo Andrade, para o vindeiro venres 10 de novembro. O técnico de Protección Civil na loita contra a velutina, considerado como un dos principais expertos nesa especie invasora, xa estivo en Vimianzo hai apenas unhas semanas.

Lolo Andrade en VImianzo sobre a avespa velutina Lolo Andrade en Vimianzo falando sobre a avespa velutina

Retirando niños

Ao mesmo tempo, desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil continúa traballándose na retirada de niños, que xa superan o medio cento no que vai de ano. A agrupación que coordina Iván Muiño dispón xa dunha pértega e de traxes específicos para a loita contra a avespa asiática facilitados pola Xunta de Galicia, e nestes momentos está a preparar novo material para poder chegar aos niños situados a moita altura e en lugares aos que non pode accederse en vehículo.

Marcha en Compostela

Paralelamente, a Asociación Galega de Apicultura xunto con outras asociacións da Cornisa Cantábrica decidiron organizar a Marcha Stop Velutina, que partirá o día 19 de outubro dende Santiago de Compostela, onde terá lugar unha concentración con motivo da saída da marcha, diante do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios