Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Malpica comeza a instalación de fibra óptica a través da operadora Rede Aberta Galega

O Concello incrementa en máis de 1.100 horas mensuais o seu servizo de axuda a domicilio a persoas dependentes
Malpica comeza a instalación de fibra óptica a través da operadora Rede Aberta Galega

Esta semana arrincan os traballos de instalación da rede de fibra óptica no Concello de Malpica. Os operarios da empresa designada para a intervención iniciarán o cableado do sistema en Malpica, unha rede que funcionará a través da operadora Rede Aberta Galega. Nas vindeiras semanas proseguirase no resto de núcleos do concello.

Para calquera dúbida, consulta ou suxestión, as persoas usuarias poden poñerse en contacto co 696 448 130 ou co Concello no 981 720 001.

Servizo de Axuda no Fogar

Paralelamentem, da man da Consellería de Política Social, o Concello pode incrementar en 1.107 horas ao mes (un 21%) o servizo de axuda a domicilio (SAF) para persoas dependentes. Son agora ás 5.180 horas por mes. Reduce así a lista de agarda.

Comentarios