Venres. 28.01.2022
El tiempo

Malpica comeza a recollida selectiva de residuos urbanos especiais porta a porta

Recollida residuos especiais
Malpica comeza a recollida selectiva de residuos urbanos especiais porta a porta

Dende onte e ata o este venres 3 de decembro, o Concello de Malpica está desenvolvendo unha recollida de residuos urbanos especiais. Porta a porta están recollendo aceite de cociña usado: de fritura, de conservas... Graxas e manteigas: animal, de roxóns... Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor... Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes... Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas... Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores... Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido...), só se solicita que estea limpo; Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

Son residuos que, debido ás súas características ou perigosidade, necesitan dunha recollida especial.

Onte xa estiveron por Aviño, Cambre, Pedrosa-A Tremoa e Rabuceiras. Hoxe toca por A Raxeira, Brión, O Castro, Feira Nova, Vilar, O Empalme e A Camposa. O mércores a camioneta da empresa Collecting Oil pasará por O Piñeiro, Rúa Costa, Rúa Santa Catalina (vivendas con números pares), Rúa Forno Novo, Rúa Santa Filomena (vivendas con números pares) e Rúa Xaviña. O xoves 2 de decembro por Rúa Nova, Rúa Santa Filomena (vivendas con números impares), Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina (vivendas con números impares), Rúa Piñeiro, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa e Loroxo.
E o venres rematará por Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda e Pasacondía- Aldeola.

Podes contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico [email protected]

comentarios