Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica desenvolve unha nova recollida de residuos urbanos especiais

recollida Malpica
Malpica desenvolve unha nova recollida de residuos urbanos especiais

Novas datas para a recollida de residuos urbanos especiaisno Concello de Malpica. O servizo estará activo ata o vindeiro 4 de abirl, coa intención de fomentar a separación de refugallos e incentivar as boas prácticas medioambientais e de reciclaxe.

A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Os refugallos divídense en ata oito tipoloxías:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns...
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor...
  • Lámpadas: de baixo consumo, LED e fluorescentes...
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, torradora, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas...
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores...
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido...), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas...

Percorridos

A continuación, relátanse as rutas que do mes de marzo:

  • Martes 22: zona polígono industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas- Leduzo, Taraio, Cerqueda.
  • Mércores 23: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesía I A Camuza A, rúa Ventorrillo, Escorial.
  • Xoves 24: rúa Emilio González Lopez, Areal, Praza de Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro, travesía Orxeira, rúa Orxeira, travesía 1 As Neves, travesía 5 Río.
  • Venres 25: rúa As Neves, travesía 2 Río, travesía 3 Neves, travesía 5 Neves, rúa Neves B, travesía 7 Río, travesía 4 Río, travesía 6 Río, rúa Agra do Río, travesía 2 Río, travesía 1 Río, rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
  • Luns 28: praza do Cruceiro, rúa Tío Paz, rúa San Ramón, travesía 1 San Ramón, travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, rúa Ramona Criado, rúa Mestra, rúa Caldeirón, rúa Eduardo Pondal, rúa Patria Galega, rúa Campo, rúa Areal, rúa Carreixo do Muiño, rúa Antonio Montero, rúa Praia.
  • Martes 29: rúa Guardia Pardines, rúa Areal, rúa Doctor Fleming, Canido, rúa A Camuza C, estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío cara a Santiso, travesía 2 A Camuza, travesía 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista Pedrediña, Camiño da Vist, rúa Agra de Lucas, rúa Amado.
  • Mércores 30: estrada DP 4307 dende o desvío cara a Santiso ata Beo, estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontevella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, rúa A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, estrada Santo Hadrian.
  • Xoves 31: Beo, Vigo, estrada DP 4307 dende o Beo ata Seiruga, Seiruga.

E para o mes de abril están previstas ás seguintes rutas de recollida:

  • Venres 1: Campelo, Barizo, porto de Barizo, avenida Agra de Lamas, porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
  • Luns 4: Mens, O Miñón, Asalo, Bocelo, Badarra.

Se precisas contactar coa empresa Collecting Oil, responsable da recollida, podes facelo a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico [email protected].

Comentarios