Malpica homenaxea a Paco Souto coa reedición póstuma do seu “Ama non ten laranxas”
Este pasado 30 de marzo de 2021 cumpríronse catro anos desde o desafortunado pasamento de Paco Souto mentres traballaba como percebeiro. Apaixonado da poesía, o teatro e a cultura, Paco Souto foi concelleiro en Malpica desde o 2015 e deixou un legado indiscutible no mundo da cultura bergantiñá.
Foron varias as homenaxes que xa lle brindou a sociedade da comarca, pero nunca suficientes. Este sábado 3 de abril, ás 20:00h no Centro Cívico, Malpica desenvolve unha nova homenaxe, coa presentación da reedición póstuma dunha das súas primeiras obras ‘Amar non ten laranxas’. O acto vivirá unha lectura teatralizada do libro.
A primeira versión do traballo foi editada en torno a finais dos anos 80 do século pasado na Escola Dramática Galega. Durante os últimos anos realizouse un labor de recolección dos cadernos que compoñían a obra e que agora se reúnen nesta nova edición.
As persoas interesadas en acudir ó acto deberán comunicalo previamente chamando ao Departamento de Cultura no 981 707 104. Co obxectivo de reducir ó mínimo o risco de contaxio de covid-19, o aforo no evento estará limitado.
Novas relacionadas
- Marzo 2020: Malpica rendeuse ante a máxia poética de Paco Souto coa presentación do libro-cd “Lugar de incendios”.
- Novembro 2017: Unha Crónica polo Centro Cívico "Paco Souto”.
- Abril 2017: Miro Villar: Paco Souto, in memoriam.
- 30-03-17: Falece Paco Souto mentras mariscaba en Razo.