Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Malpica, pioneira na extracción de anemone, abre a convocatoria para 10 permex a pé

Anenomes en Malpica
Anenomes de mar recén extraídos
Malpica, pioneira na extracción de anemone, abre a convocatoria para 10 permex a pé

Na zona de Cádiz, Huelva... é a típica tapa de “pescaíto fríto” que co tempo se están a convertir nun produto groumet. Por aquí non se leva tanto, e malia que polo ollo non parece que entren demasiado, si que teñen un sabor a mar moi marcado, parecido ao dos chipiróns. En todo caso, seguro que o seu consumo vai ir medrando en Galicia, en parte pola nova aposta da Confraría de Malpica, que vén de abrir a primeira convocatoria para permex de Anemones.

Tapa de anemonas ou de oritguillas de mar
A típica tapa sureña de anemones tamén coñecidas como ortiguillas de mar

Xa teñen compradores nacionais e de fóra de Galicia interesados no produto, e a pesar de ser un produto moi delicado, déixase traballar ben, aseguran. “Intentamos dinamizar e procurar novos recursos para diversificar actividades, coidar e deixar descansar os outros recursos coma o percebe e tamén sacarlle rendemento a produtos que xa temos na nosa costa e que noitras zonas do país son moi ben valoradas”, explican dende o pósito. “Necesitamos seguir innovando no sector pesqueiro e debemos ser os primeiros en apostar polo noso produto que é de máxima calidade como no caso das anemones”, apuntan.

De aí que xa estea aberta a convocatoria pública de 10 permex a pé deste pólipo. Cómpre ser afiliado da confraría, e ter en vixencia o permex do percebe a pé, e valorarase ter experiencia profesional como percebeiro durante 2019 a 2021. O prazo de inscrición é ata o 12 de marzo, e poden consultar máis información no 881 982 720.

Mentres, segue aberto ata o 2 de marzo o prazo para 2 prazas de permex de percebeiro no pósito.

Outras novas do MAR

Comentarios