Malpica precisa, e forma, mariñeiros

”En Malpica hai moito traballo no mar e precísanse mariñeiros”. Así explica Francisco Varela dende a confraría a organización de diferentes cursos vinculados ao mar, que teñen o prazo de matriculación aberto, e que poden servir para crear unha profesión.
O primeiro é de Actualización da Formación Básica en Seguridade, que se celebrará, probablemente os sábado 15 e domingo 16 Febreiro de 09:00 a 18:30h. Hai 20 prazas e requírese presentar o DNI, o carnet de Mariñeiro Pescador e a Formación Básica caducada ou que caduque neste ano.
Tamén se organiza o Curso de Mariñeiro Pescador, a celebrar os sábados entre o 16 e 28 de marzo, de luns a venres de 16:30 a 20:30h, e os sábados de 10:00 a 14:00h. Hai 25 prazas e só fai falta o DNI.
E por último o pósito organiza un curso de Formación Básica en Seguridade, para o que hai que ter o Mariñeiro Pescador. Este celebrarase entre o 13 e o 27 de abril, de luns a venres de 16:00 a 22:00h e sábados de 09:00 a 15:00h. Hai 20 prazs dispoñibles.
Poden pedir máis información en cofradia@cofradiamalpica.org ou no 881982720.