O alcalde de Malpica lembroulle a Portos a urxencia das obras do peirao
08:20 31/10/19
Contabamos onte todas as demandas que agarda a Confraría de Malpica de Portos de Galicia, en materia de seguridade, de obras, problemas de aparcamento…
Precisamente onte o alcalde de Malpica mantiña unha reunión con Portos de Galicia para reclamar solucións nas infraestruturas portuarias. Ademais da enferruxada grúa do porto de Barizo, Pardo trasladoulle ao director de Portos de Galicia, Roi Fernández Añón, a necesidade de afrontar con premisa outras necesidades, como son as obras de seguridade prometidas pola Xunta, aprobadas en pleno.
Pardo declarou estar “plenamente satisfeito pola predisposición amosada polo director e a presidenta”.