Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica prepara actividades para pequenos e maiores

actividades malpica
actividades malpica
Malpica prepara actividades para pequenos e maiores

Prepara o Concello de Malpica varias actividdes pensadas para os máis pequenos e os máis maiores.

A través da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica, prepárase xa a "I Xuntanza de Maiores”. O evento levarase a cabo o 1 de abril no CEIP Milladoiro e constará dunha comida con música en directo amenizada polo Dúo Marineda.

As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280 dende o 20 ao 29 de marzo ou ata completar aforo.

Paporrubio

O vindeiro sábado 8 de abril a área recreativa do Río Vaa acolle unha actividade de diversión en familia coma son os xogos do Paporrubio. Unha xornada de música, xogos e moita diversión dende as 16.30 ata as 19.00 horas.

Os xogos do Paporrubio son un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna.

Comentarios