Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica prepara a I Foliada de Cantos de Nadal

I Foliada de Cantos de Nadal-Malpica 2021
Malpica prepara a I Foliada de Cantos de Nadal

O Concello de Malpica segue dinamizando a vila e prepara, dentro da programación de Nadal, a I Foliada de Cantos. Será o 25 deste mes, a partir das 19:00 horas, na rúa Eduardo Vila Fano.

Organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas asociacións locais ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante. Estas tres entidades serán as encargadas de amenizar a tarde de Nadal e, despois, haberá foliada libre. Contarase con carpa e photocall.

Comentarios