Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Malpica prepara un programa deportivo de actividades para as Festas de Nadal

Nadal Deporte 2019 en Malpica
Nadal Deporte 2019 en Malpica
Malpica prepara un programa deportivo de actividades para as Festas de Nadal

O Concello de Malpica ultima os preparativos para un compendio de actividades deportivas para as Festas de Nadal, baixo o lema ‘Nadal Deporte 2019’.

Así, o programa comezará o vindeiro sábado, 21 de decembro, coa exhibición de patinaxe, que se celebrará a partir das 18:00 horas no pavillón polideportivo de Malpica. O día 23 de decembro, será a quenda para as persoas amantes do tenis de mesa. O pavillón polideportivo acollerá novamente esta cita, a partir das 10:00 horas, e para a que se hai que inscribir previamente no Concello. A data límite é o 19 de decembro.

Os días 26 de decembro e 2 de xaneiro desenvolverase o torneo de fútbol 3x3, tamén no pavillón polideportivo. As xornadas darán comezo a partir das 10:00 horas da mañá, e poden participar todas as persoas de máis de seis anos de idade. O 27 de decembro de 10:00 a 13:00 horas, quenda da xincana ciclista, actividade organizada polo Club Ciclista Carballo, e na que colabora o Concello de Malpica. O 30 de decembro, na previa de Fin de Ano, o Centro Cívico de Malpica acollerá unha charla deportiva ás 11:30 horas.

Para recibir o ano da mellor maneira, o 3 de xaneiro celebrarase o ‘Día do baloncesto de Nadal’, de 10:30 a 13:00 horas, para persoas a partir de 9 anos. As inscricións rematan o día 19 de decembro, e poden facerse efectivas nas oficinas do Concello.

Comentarios