Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica recicla todo o que se enchufa

Malpica recicla todo o que se enchufa
oqueseenchufareciclase Directa a campaña do Concello de Malpica para fomentar a reciclaxe de produtos eletrónicos. “O que se enchufa, recíclase” di o lema da campaña promovida Xunta de Galicia, co obxectivo de informar sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos (RAEE). Ata o posto informativo, que permanecerá aberto ata as 19 horas, desprazáronse hoxe o alcalde, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde, Miguel Fernández, que puideron comprobar a boa acollida do material divulgativo que se ofrece tanto á poboación en xeral como aos empresarios do sector dos electrodomésticos. A campaña “O que se enchufa, recíclase” está a percorrer Galicia para concienciar á poboación sobre a importancia de depositar os RAEE nos puntos habilitados, pero tamén para que os puntos de venda sexan conscientes da importancia de colaborar na súa recollida. Para facelo dun xeito ameno, as persoas que visiten o stand poderán participar nun xogo no que obterán un premio só por participar. Fonte Concello de Malpica  

Comentarios