Malpica recupera un regalo de Nadal de 1889
08:25 03/01/14
O vindeiro sábado 11 de xaneiro Xabier Maceiras e Fernando Patricio Cortizo presentarán o libro 'De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam'. Farano en Malpica o mesmo día que se cumpre o 125 aniversario do afundimento dun barco que "foi unha especie de regalo de Nadal para moitos veciños de Arteixo". Gracias á venda dunha gran cantidade de obxectos que o mar arrastrou ata as praias de Sabón, Barrañán e Alba, puideron mellorar a súa paupérrima situación.
Menuda historia aquela do vapor británico que viaxaba de Liverpool cara Hong Kong, e que acabou nas rochas malpicás. O seu naufraxio permitiu o crecemento de aldeas como o Rañal a través da venda de numerosos obxectos. Un deles é precisamente o fío condutor do libro e a causa do encontro entre estes dous amantes dos naufraxios: un piano. Un piano que serve para levarnos por un Bergantiños en pleno século XIX.
Conta Xabier como o libro arrincaba hai máis de 6 anos, cando se enteiraba a través da tradición oral (un par de veciños seus de Arteixo contáronllo hai tempo), e sempre pensando neste 11 de xaneiro de 2014 como data límite por ser o 125 cabodano do naufraxio. Conta que tiveron que analizar máis de 1.000 sentencias no Arquivo buscando "unha agulla nun pallar", e cando viu a cantidade de documentación por estudiar, falou con Fernado Patricio Cortizo. De feito, "nacía antes o fillo que o pai" comentaba en alusión a que publico primeiro un libro, "Mar de Arteixo e os seus naufraxios", libro que saía á luz hai un ano.
Conta o libro tamén a historia dun cofre, o mítico cofre do tesouro, cheo de cartos. Pero haberá que poñerse en situación para comprender que os veciños da illada Malpica do século XIX non sabían o que eran as libras esterlinas, así que moitos daqueles billetes acabaron sendo queimados para prender o lume nas lareiras...
Deste xeito, o libro percorre a Galicia do século XIX, facendo parada en Malpica, Carballo, Arteixo e Oza, antigo concello que desaparecía en 1902 anexionándose á Coruña, e un dos lugares onde se realizaron as feiras de venda de todos os tesouros do Priam.
Presentación en Malpica
Así, o vindeiro 11 de xaneiro de 2014, ás 12:00h, descubrirase unha placa conmemorativa no paseo marítimo malpicá, como homenaxe aos mariñeiros. E para ás 18:00h, no Salón de Actos da Confraría de Pescadores, presentación do libro "De Liverpool ás Sisargas: a derradeira travesía do Priam", na que estarán os dous autores.
Fonte e máis información
- La Opinión: Salvados por un desastre.
- Ideal Gallego: ARTEIXO - Un “barrido por 1889” con el último viaje del “Priam” como centro de la narrativa.
Novas relacionadas
- Un repaso á historia de moitos Naufraxios da Costa con Fernando Patricio Cortizo.
- Lois Patiño: “A Costa da Morte ten unha enerxía especial”.
- De pecios ou tesouros submariños.
Fonte
- Mar de Sisargas.
- Redacción de QPC ([email protected]).