Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica segue comprometida coa Ataxia

Malpica segue comprometida coa Ataxia
A Asociación Galega de Ataxia en Malpica A Asociación Galega de Ataxia en Malpica

Non falla Malpica na súa demostraciónd e compromiso coa Ataxia, esa doenza con nome da Costa da Morte. Son xa moitos anos celebrando o Día Internacional da Ataxia (o 25 de setembro) unha efeméride instituída no 2001 para mentalizar e informar á sociedade sobre este trastorno, que se caracteriza por unha diminución na capacidade de coordinación dos movementos.

Unha celebración que non fica nun só día, senón que desde a Asociación Galega de Ataxias traballan durante todo o ano para seguir dando a coñecer a enfermidade. Esta fin de semana estiveron no mercado de Malpica a presidenta, Juliana Moscoso Lema, e a vicepresidenta, Lola Castro Martelo, moi vinculadas ao concello malpicán. E tanto o alcalde, Eduardo Parga Veiga, como o tenente de alcalde Miguel Fernández quixeron acompañalas e amosarlles a solidariedade do concello.

Informaron de que van realizar unha cea solidaria o vindeiro 9 de decembro no Complexo Aldeola, onde todos poderemos acodir e aportar o noso grao de area.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC

Comentarios