Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica tala a contorna a Croa do Castro para poder escavar o xacemento

FOTO MALPICA- Croa do Castro xullo 2020 copia
Así se mira a Croa do Castro antes da tala dos eucaliptos
Malpica tala a contorna a Croa do Castro para poder escavar o xacemento

Parece que desta volta a Croa do Castro si que ten un proxecto de escavación. Leva anos a parroquia de Cerqueda pedindo o estudo e a posta en valor deste xacemento arqueolóxico. Xa en 2015 o proxecto de arqueoloxía social descubrira a porta orixinal do Castro, despois de dous anos de batidas entre veciños e arqueólogos.

Agora levaba uns anos algo esquecida, pero estes dúas, o Concello de Malpica iniciou os traballos para talar os eucaliptos, con control arqueolóxico, no xacemento Croa do Castro. Estes labores preséntanse como o paso previo aos labores de escavación que se acometerán neste lugar.

Como explica o alcalde, Walter Pardo, que xa contou nos #DirectosQPC a intención municipal de seguir adiante, “estas intervencións supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do patrimonio pétreo e natural do noso municipio”.

A día de hoxe hai un equipo de traballo multidisplinar, para poñer en valor esta “xoia do patrimonio”, no que Pardo chama “unha carreira de longo, na que hai que ir dando pasiños pequenos”. Un dos primeiros pasos tamén será o acondicionamento das pistas e a creación dun aparcamento na contorna.

 Tala de eucaliptos na Croa do Castro

Historia do proxecto da Croa do Castro

Comentarios