Malpica tira de remanente para 15 intervencións de asfaltado

08:18 01/08/22
Seguen aproveitando o remanente de tesourería os Concellos da comarca para realizar unha serie de accións. Neste caso, o equipo de goberno de Malpica aprobou en pleno o suplemento de crédito duns 600.000 euros para poder financiar un total de 15 intervencións, con cargo a remanente de tesourería, que se consideran necesarias e precisan de actuación inmediata.
As 15 intervencións a realizar e que cuxa execución non se pode demorar a vindeiros exercicios son:
- Mellora da capa de rodadura dos camiños en Alviño
- Melloras na pavimentación da rúa Ramona Criado
- Mellora da pavimentación dos camiños en Bicerrán
- Mellora da pavimentación dos camiños en Cambre
- Mellora da pavimentación dos camiños en Alviño
- Mellora da pavimentación dos camiños en Beo, Piñeiros e Bicerrán
- Melloras na travesía rúa Ventorrilo, rúa Escorial e Camiño de Sorrío
- Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pedra Queimada, Cerqueda e Seiruga
- Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pedreiriña
- Mellora da capa de rodadura do camiño de Pernes
- Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pernes ata A Pedrosa
- Mellora na pavimentación do camiño de Beo a Vigo
- Acondicionamento na parroquia de San Xulián; rúa As Neves e camiño da Pedreiriña
- Mellora da pavimentación do camiño da Pedrosa a Trémoa e ampliación do saneamento no Vilar
- Mellora da capa de rodadura dos camiños en Asalo