Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica xa non para por Nadal

  • Tamén se celebrará o Mercadiño de Nadal, impulsado pola Concellería de Cultura e a Concellería de Turismo, os días 20, 21 e 22 de decembro.
Belen en Malpica
Nacemebto confeccionado con lá, por Marta Rojo Amigo e a súa irmá, que poderedes ver exposto no fogar do pensionista, na Casa do Pescador.
Malpica xa non para por Nadal

Unha vez que o alumeado de Nadal está prendido, con esa árbore de 11 metros como protagonista, ponse en marcha o programa de Nadal do Concello de Malpica. Este luns 16 de decembro hai xa un obradoiro de adornos de Nadal de 17:00 a 19:00 horas na Aula de Arte do Centro Cívico malpicán, organizado pola ACD Salitre en colaboración co Concello.

Entre as actividades destacan as visitas escolares, como de Caxoto Cativo, co seu Paxe en Apuros, aos centros Joaquín Rodíguez Otero e a Escola de Baruzo.

O día 21 de decembro festexarase a colocación familiar dos adornos das árbores de Nadal, no Mercado Municipal das 11:00 ás 13:30 horas. A partir das 18:00 horas, a Escola Deportiva Municipal ofrecerá unha exhibición de patinaxe de Nadal a partir das 18:00 horas no pavillón.

A xornada do 22 de decembro terá lugar unha festa infantil con hinchables, visita de Papá Noel e chocolatada, de 16:00 ata as 20:00 horas na Casa dos Veciños de Leiloio. O Mago Charly actuará de 17:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura de Seaia e ás 18:00 horas, no mesmo escenario, actuará o grupo de baile The Team. De 18:30 a 20:00 horas está previsto que se celebre o Nadal Xogo, con animación musical e merenda saudable. Pedro Brandariz, con “Os contos do apalpador” estará na Casa da Cultura de Seaia ás 18:00 horas.

Previamente ao día de Noiteboa, o luns 23 de decembro, haberá un torneo de Nadal de tenis de mesa a partir das 10:00 horas, no pavillón de Malpica. De 17:00 a 21:00 horas, no Auditorio do Centro Cívico, festexarase o Concerto de Nadal.  O campamento urbano de Nadal, organizado para nenas e nenos de 3 a 12 anos, terá horario de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Seaia, que dará comezo este mesmo día. 

O 24 de decembro, previo festexo do Nadal, as canteiras de Malante ofrecerán un pasarrúas de Panxoliñas a partir das 17:30 horas. Papá Noel entregará os agasallos ás nenas e nenos a partir das 18:30 horas no Mercado Municipal.

Para o 26 de decembro, está prevista a celebración do torneo de fútbol 3x3 a partir das 10:00 horas no pavillón. Os Xogos do Paporrubio e chocolatada, de 16:30 a 19:30 horas no pavillón do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, e de 19:30 a 21:30 horas, unha masterclass de DJ na Casa da Cultura de Seaia.

O día 27 de decembro, a xincana ciclista encherá o pavillón malpicán de 10:00 a 13:00 horas, organizada polo Club Ciclista Carballo. Terá lugar unha nova sesión dos Campamentos Urbanos e todas as persoas inscritas viaxarán ata o Silleda Park.

O día dos Inocentes, 28 de decembro, terán lugar obradoiros de canto moderno e de percusión. O primeiro, de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura de Seaia. O segundo, no mesmo escenario de 19:00 a 21:00 horas.

O 29 de decembro, está organizada unha ruta polo río Va, con saída ás 10:00 horas na Igrexa de Mens. O pavillón polideportivo acollerá, de 17:00 a 19:00 horas, a Tómbola de Nadal.

Para o día 30 de decembro está previsto que se celebre unha charla deportiva a partir das 11:30 horas no Centro Cívico de Malpica. Terán lugar sesións dos campamentos urbanos de Nadal e da Vila do Mañá e haberá unha festa infantil con hinchables a partir das 16:30 horas no pavillón.

Despedirase o ano o día 31 de decembro coa celebración da 3ª San Silvestre malpicá, con saída ás 12:00 horas na fonte da praza Anselmo Villar Amigo. A festa de Fin de Ano, a partir das 23:45 horas no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, amenizada polo Dúo D’Café.

O día 2 de xaneiro de 2020 haberá novamente sesións dos campamentos urbanos de Nadal e da Vila do Mañá, ademais dun obradoiro de olería no taller da Casa do Oleiro. Un día despois, o 3 de xaneiro, novamente sesión do campamentos urbanos e tamén o día do Baloncesto no Nadal, de 10:30 a 13:00 horas no pavillón polideportivo. De 14:30 ás 18:30 horas, o Nadal Xogo terá como protagonista a actividade “O castiñeiro do apalpador fantoches Baj”, no Centro Sociocultural das Pozacas, e organizarase unha quedada para a rapazada de 11 a 17 anos con DJ, futbolíns, merenda e sorpresas.

O día 4 de xaneiro, quenda novamente das xornadas no campamento urbano Vila do Mañá. O día previo á chegada dos Reis Magos, organizaranse os “Cantos de Reis” ás 18:00 horas. As Súas Maxestades chegarán desde Oriente a Buño, a partir das 17:30 horas, e a Malpica ás 19:00 horas. Haberá servizo de recollida de rapazada para asistir á cabalgata con parada en todas as parroquias. O día de Reis, 6 de xaneiro, os Reis Magos chegarán a Seaia ás 10:00 horas.

Mercadiño artesán de Nadal

Durante os días 20, 21 e 22 de decembro todas as persoas que o desexen poderán visitar o mercadiño de Nadal de Malpica, promovido pola Concellería de Cultura do Concello malpicán e no que haberá produtos artesáns e demostración de oficios como os das redeiras, olería, cestería, fiado de lá ou pratería. O venres 20 decorarase o mercado. O día 21 de decembro, ás 11:30 fará unha visita o apalpador, ás 13:00 horas haberá unha actuación musical por parte de Pablo Díaz e ás 17:30 horas Tecla Negra show. Tamén participaron as canteiras de Carcaxía e Malante.

O domingo 22 de decembro, pasarúas e foliada cativa a partir do mediodía. Novamente actuación de Tecla Negra show a partir das 17:30 horas. Tamén estarán presentes as cantareiras de Raigañas e a Traski Band. Haberá chocolatada.

Neste mercadiño participan Raquel Raquelúa, Mindiringuín, Ana Visos, Marta, Pulseiras Macramé, Fátima, as redeiras de Malpica, as Redeiras de Corme, Pedro e Conchi, Arantxa, Sandra (xabróns), Maruxa, Paula, Eva, Lobera, a Asociación de Amas de Casa, o colectivo de arte de Carballo, Paco de Tano, Mamen, Sandra, Ana Ordes e a olería de Buño. 

Comentarios