Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Mariscadoras, redeiras e peixeiras aprederon novas ferramentas de contabilidade

Xornada de formacion para redeiras
Mariscadoras, redeiras e peixeiras aprederon novas ferramentas de contabilidade

Este pasado xoves, mariscadoras, redeiras e peixeiras participaron nunha xornada formativa sobre sostibilidade financeira aplicada aos negocios da pesca. Unha sesión impartida na Confraría de Malpica, da man Carlota Sánchez Montaña, profesora de IESIDE, á que asistiron profesionais malpicás e tamén de Corme, Arcade ou Camariñas.

As temáticas afondaron en problemáticas reais das profesionais como elaborar un orzamento, a planificación económica a longo prazo, a xestión das débedas, ou a importancia do aforro… coñecementos financeiros que lles doten de ferramentas para contribuír á sostibilidade da súa actividade económica.

A actividade, organizada por Afundación e ANMUPESCA, desenvólvese no marco do proxecto PLANCTON, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e é complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.

Comentarios