A Mostra de Olería xa ten cartel feito por Adrián Varela

Xa está nas redes o artaz da 40ª edición da Mostra da Olería de Buño. O xurado, composto polo galerista Manolo Eirín, o deseñador gráfico Iago Anido, e os membros da da Asociación da Olería de Buño (o presidente Antonio Pereira "O Rulo"m a vicepresidenta María Canedo e o Secretario Pablo Rodríguez), escolleron, entre os 15 presentados de forma anónima, esta xoia realizada por Adrián Varela.
Varela é unha das almas da aldea gala do Couto. Fillo de Xosé María, armadanzas da Fundación Eduardo Pondal e irmán de Uxía, coordinadora da Escoliña de Verán, foi o creador do Festival V de Valarés e é ao actual artífice do Festiletras, esa festa que consegue converter a pequena aldea do Couto no epicentro cultural galego.
A súa carreira profesional estivo sempre ligada ao deseño gráfico, cun estilo propio que se pode debullar en cada cartel da FEP e da Asociación Monte Branco.
Malpica xa se prepara a 40ª edición da M.O.B., que encherá as rúas de artesanía do 31 de xullo ao 3 de agosto!