Media Ducia e Fol de Veneno presentan un novo cd "A escote"


Así se chama o novo disco que as dúas bandas de folk de Bergantiños editan conxuntamente. "A Escote" é unha novedosa proposta dos grupos de folk costeiros "Fol de Veneno" (Buño) e "Media Ducia" (Malpica).
Precisamente, hoxe venres 2 de setembro, a partir das 23:00h da noite, e no marco do programa cultural da Fundación Eduardo Pondal polo XXX Aniversario do Monolito Pondaliano, no bar A Eira de Ponteceso, procederase á presentación do cedé musical "A escote", que mestura músicas de ambas bandas.
O acto será moderado polo gaiteiro Manolo Dourado e contará co acompañamento de importantes persoas do mundo da música tradicional como o gaiteiro Pedro Lamas, a pandereteira de Xiradela de Arteixo Fransy González, a cantareira da Agualada Sonia Reborido, o músico Ito de Arzúa e catro bailadoras do grupo de música e danza Raigañas de Cerqueda.
Ademais de palabras e música, o acto contará con proxeccións de fotos e vídeos no que se recollen imaxes de actuacións destes dous grupos e dos seus músicos.
Fol de Veneno abrindo o IX Noite Folk de Negreira
Foliada de Media Ducia na Cunca
Máis información
- foldeveneno.com.
- Facebook de Fol de Veneno.
- Escoitar Fol de Veneno no programa da radiONeria "Foliada"; Foliada
Novas relacionadas
- Programa Cultural da FEP polo XXX Aniversario do Monolito Pondaliano.
- Abbey Road segue espallando encheu a música dos Beatles pola Costa.
- Carballo pon cara de POP.
- O programa da radiONeria Foliada egue recuperando o son tradicional da Costa da Morte.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).