Venres. 11.10.2024
El tiempo

Medio centenar de composteiros para repartir entre a veciñanza de Malpica

Composteiros compost
Medio centenar de composteiros para repartir entre a veciñanza de Malpica

Cointinúa a compostaxe caseira sendo unha alternativa sostible para darlle unha segunda vida aos residuos orgánicos.

Desta volta, é o Concello de Malpica de Bergantiños vén de recibir de Sogama unha partida de 50 composteiros, que, sumados aos 65 subministrados en anos anteriores, fan un total de 115.

Trátase de recipientes con capacidade para 400 litros, fabricados a partir de materiais reciclados e que constitúen un elemento de apoio para facer máis cómodo, hixiénico e eficiente o proceso de transformación da materia orgánica en compost, un abono natural de alta calidade que achega nutrientes a plantas e cultivos, e que mesmo os protexe fronte a pragas e enfermidades.

Condición indispensable é que os veciños que desexen participar nesta iniciativa habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante, polo xeral, de moi boa calidade, cumprindo con todos os requisitos establecidos pola normativa vixente.

Con esta nova partida, serán 115 os fogares adscritos a esta iniciativa, con importantes vantaxes ambientais e económicas

O concello repartirá tamén entre os participantes manuais didácticos de apoio nos que se explica a dinámica a seguir e dáse solución aos problemas máis frecuentes

Comentarios