Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Ministerio adxudica as prometidas obras do paseo marítimo de Malpica

Imaxe dun destrozo típico provocado polos temporais no paseo marítimo de Malpica
O Ministerio adxudica as prometidas obras do paseo marítimo de Malpica

O pasado mes de xullo ficaban aprobadas e en outubro asinábase o convenio entre Costas e o Concello. Hoxe, o Ministerio de Transición Ecolóxica formalizou o contrato de adecuación de escollera de protección no Paseo Marítimo de Malpica.

O BOE recolla a actuación foi adxudicada a Construcións Cernadas, S.L. por un importe de 55.761,49 euros (IVA incluído) e un prazo de dous meses de execución.

Unhas obras moi necesarias nestes tempos de temporais, visto o que sofre o paseo malpicán. A actuación do Ministerio reforzará o cimento da estrutura existente na zona dos edificios, mediante unha base de hormigón que descenda por baixo da base actual e levantar sobre ela un novo muro exterior, de 72 metros de lonxitude e sensiblemente vertical. Con iso búscase, por unha banda, evitar o remonte da oleaxe e, por outra, ensanchar ligeramente a zona de paseo e de separación das construcións anexas a el.

A obra comprende tamén o pavimentado da zona ensanchada co mesmo tipo de pavimento agora existente e a construción dun pretil botaolas que minimice aínda máis o efecto da oleaxe sobre o paseo á vez que mellore a protección dos peatóns que o utilicen.

Novas relacionadas

Comentarios