Monte d’Arxa continúa esperando unha reunión co alcalde para estudiar a parcelaria de Cerqueda

14:53 08/11/10

"Deixadez do Concello nas parcelas municipais"
Este foi o punto máis importante da reunión mensual que tratou a directiva de Monte d’Arxa. Ademais, na mesma comentouse que varias das reclamacións que esta asociación de veciños presentara por escrito por rexistro no concello están como hai tres meses: "non se moveu unha palla". Por exemplo, solicitáraselle ó alcalde que as máquinas retirasen o valado de pedra que divide a parcela municipal adxunta que linda co centro sociocultural das Pozacas. Pois ben, estes días a maquinaria retirou todos os valados das propiedades privadas das Pozacas e quedou sen sacar o da parcela municipal. Así, desde Monte d’Arxa denuncian publicamente "a deixadez que amosa o equipo de goberno municipal neste asunto xa que amosa un total desinterese". Aseguran que "esta deixadez terá consecuencias económicas graves no futuro, dado que, unha vez que marche a empresa, calquera actuación nesa parcela deberá pagarse con diñeiro municipal".Novas relacionadas
- Monte d’Arxa non está conforme coa obras da parcelaria de Cerqueda.
- Medio Rural comunica á A.VV. Monte d’Arxa que a parcelaria de Cerqueda estará rematada no 2011.
Fonte
- Nota de prensa da A.VV. Monte d’Arxa.