Venres. 13.09.2024
El tiempo

Monte d’Arxa elixiu nova directiva

Monte d’Arxa elixiu nova directiva
Nova directiva da AVV Monte dArxa de Cerqueda

Na tarde de hoxe domingo 7 de abril, no local sociocultural das Pozacas, a asemblea xeral de asociados da Asociación de Veciños Monte d’Arxa de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) elixiu nova directiva na que houbo unha renovación dun 50% dos seus cargos.

Tras a demisión de Avelino Queiro, pasou a ocupar o cargo de presidente Manuel Chouciño Garrido; a vicepresidencia mantense na persoa de Gervasio Suárez García así como a secretaría na de Xosé Manuel Varela Varela. O novo tesoureiro é José Julián Martínez Mariño. Os dous vogais pasan a ser José Vitueira López e Manuel Díaz Fernández. Ademais, continúa a figura do socio colaborador, con voz e voto nas reunións da xunta directiva, que son José Manuel Pose Chouciño, Evaristo Garrido Veiga, María Rosario García Pose e Manuel Suárez Garrido.

A nova directiva debutará moi pronto no seu traballo dado que o próximo venres, ás 21.30 horas, reunirase na axencia de lectura de Aldeola coa empresa local Vitureira Bouzas para informarse de primeira man sobre o estado dos trámites realizados por esta empresa local co Arcebispado de Santiago para a ampliación do cemiterio parroquial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios