Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Monte d’Arxa valora o comezo das obras do Campo da Festa

Monte d’Arxa valora o comezo das obras do Campo da Festa
A Asociación de Veciños Monte d’Arxa, da parroquia malpicá de Cerqueda, vén de expresar públicamente a súa satisfacción polo comezo na xornada do pasado luns, das obras da área recreativa de Cerqueda, ou o que é o mesmo, o Campo da Festa. A duración das mesmas será de varias semanas. As obras están a ser realizadas pola empresa López Cao. A finalización destas  obras vai supoñer que a parroquia dispoña dun amplo espazo útil destinado a varios usos. A nova explanada será onde se realicen prácticas deportivas. Tamén servirá de aparcadoiro nos días de actos litúrxicos. Ademáis, será onde se realicen as festas patronais e outro tipo de eventos colectivos. E por suposto, os máis pequenos tamén terán o seu espazo, cunha área de recreo infantil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios