Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A Mostra de Olería de Buño arrinca pensando en converterse en Festa de Interese Turístico Internacional

Fran Gorin inaugurando a Mostra de Oleria de Buno 2021
Fran Gorin inaugurando a Mostra de Olería de Buño 2021
A Mostra de Olería de Buño arrinca pensando en converterse en Festa de Interese Turístico Internacional

Arrincou esta mañá de xoves 12 de agosto a XXXVII Mostra de Olería de Buño. Unha Mostra na que a figura d@ oleir@ está no centro da diana, e na que a muller cobra un protagonismo especial.

Serán 4 días, ata o domingo 15, dunha completa programación chea de demostracións do oficio, exposicións, charlas, coloquios, espectáculos, pasarrúas e un concerto a cargo de Guadi Galego.

Foi o novo presidente da Asociación de Oleiros de Buño, Fran Gorín, o encargado de presentar esta edición, agradecendo “todo o esforzo das entidades e persoas implicadas por sacar adiante esta edición da Mostra a pesar de todas as dificultades sanitarias”.

A concelleira de Olería, a nacionalista Leticia Naya Varela, fixo extensible este recoñecemento “a todo o tecido asociativo do municipio por facilitar e colaborar á hora de confeccionar a programación deste ano”.

Foi a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, a que dedicou a súa intervención a poñer en valor “o corazón e o cerebro co que traballan as decenas de oleiros e oleiras que seguen a manter vivo o oficio en Buño”. Pero sobre todo deixou enriba da mesa o respaldo do goberno central á Declaración da Mostra de Olería de Buño como Festa de Interese Internacional. “Trátase dunha oportunidade de manter viva a esencia dun pobo, de manter vivo un oficio tradicional, de defender a herdanza dun pasado que segue tratando de garantir presente e futuro de centos de persoas e da actividade económica deste pobo”.

Foi o alcalde, o socialista Walter Pardo, o encargado de pechar o acto, dando fé “da memoria viva coa tradición oleira que mantén Buño 37 anos despois da primeira edición da Mostra”.

Espazos da Mostra de Oleria de Buno

Máis información

Comentarios