Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Os [email protected] de Malpica disfrutaron dun verán como os de antes co Retablo dos Fantoches

O Retablo dos Fantoches fixo as delicias das criaturas de Malpica
O Retablo dos Fantoches fixo as delicias das criaturas de Malpica
Os [email protected] de Malpica disfrutaron dun verán como os de antes co Retablo dos Fantoches

Rematou esta fin de semana o programa de títeres do Retablo de Fantoches Rafael Dieste e da programación cultural de verán en Malpica. Este pasado sábado, máis de 160 [email protected] e moitos adultos disfrutaron do último espectáculo da programación de verán, coa obra “Tolitates” de Teatro de Marionetas Trécola en pleno paseo marítimo.

Unha delicia para as criaturas poder gozar desta proposta que o Concello recuperou en 2014, que se chamaron as Misións Pedagóxicas que o Teatro Guiñol levou dende Malpica a ducias de aldeas de pobos de toda España entre 1933 e 1936, da man de José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís, e Rafael Dieste.

WhatsApp Image 2019-08-31 at 21.13.46 (1)

Vai no Mar

A fin de semana rematou ademais coa serie de concertos Via no mar na rúa formulados para encher o verán. O venres era a Traskiband a que puxo a música no paseo. O sábado, tocoulle aos carballeses Versión Imposible (na foto de abaixo) poñer o broche de ouro ao ciclo coas súas míticas covers dos anos 80 e 90.

Version Imposible en Malpica

Comentarios