Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas datas e localizacións para as citas malpicás do Orballo Cultural

Orballo Cultural en MALPICA
Novas datas e localizacións para as citas malpicás do Orballo Cultural

Volve o tempo repercutir na programación do Orballo Cultural. Pero xa non lle colle de novas á produtora costeira (xa tivo que interrumpir a idílica actuación de Baiuca nas Torres de Altamira e adiar os concertos do Forum Carballo) que xa modificou as datas das citas que tiña previstas para esta fin de semana en Malpica. A predición de chuvia obríagos a retrasar ata o vindeiro venres 9 de xullo as citas formuladas para este sábado 3.

Deste xeito, a banda carballesa Apart e o noso picadiscos, o carballés DJ Maikel será o venres 9 de xullo, no máxico lugar de Santo Hadrián, ao carón da ermida.

Ademais, Fabulous Resaca Brothers e Garbayo será o domingo 11, mentres que o sábado 10 será o día adicado ao techno, cunha sesión que se emitirá poas redes en streaming, cos djs Fer Br, Bárbara Lago, BLVCKR e Zars B.

As entradas (hai máis das esperadas) póñense á venda este venres 2 ás 12:00h en orballocultural.gal.

Novas relacionadas

Comentarios