Venres. 29.03.2024
El tiempo

O novo centro de Saúde de Malpica contará cun novo médico de atención primaria fixo

20220701 CS Malpica
O novo centro de Saúde de Malpica contará cun novo médico de atención primaria fixo

Vén de asinar o o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o protocolo de colaboración para a cesión dos terreos para a construción do novo centro de saúde na localidade. O concello xa pode comezar cos trámites urbanísticos e expropiatorios necesarios para ceder unha parcela de aproximadamente 1.800 metros cadrados, o que permitiría á Xunta edificar un centro de saúde de preto de 1.000 metros cadrados en planta baixa, co que duplicaría os 500 metros cadrados cos que conta a instalación actual

O novo centro trae consigo ademais a creación dunha praza fixa, dende setembro dun especialista en atención primaria.

O Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, inclúe tamén a creación dun novo centro de saúde en Fisterra, ademais da ampliación do carballés.

Novas relacionadas

Comentarios